VACACIÓNS

A fgm permanecerá pechada durante todo o mes de Agosto.

¡Voltaremos en Septembro!

Dende a xunta directiva da FGM … vos desexamos que pasedes unhas boas vacacións disfrutando da natureza!!

NOTA: Para os partes de accidente chamar primero a MAPFRE o número que está na tarxeta federativa e logo, a ADARTIA no horario de oficina o teléfono 917 819 545

Posted in Varios | Comentarios desactivados en VACACIÓNS

CURSO DE TECNICOS DE SENDEROS FEDME

Curso Técnico Senderos

La formación tiene como objetivo primordial la colaboración con federaciones y clubes en la homologación y el diseño, ejecución y mantenimiento de redes de senderos señalizados, con las marcas propias de la FEDME de GR ®, PR® y SL®, homogéneos en todo el territorio español y con una calidad homologable con las redes de senderos de los países europeos.

La titulación se obtiene tras superar satisfactoriamente dos fases consecutivas. Toda la información necesaria se encuentra en el siguiente PDF:

Curso Tecnico Senderos Galicia

Posted in Varios | Comentarios desactivados en CURSO DE TECNICOS DE SENDEROS FEDME

SOMOS unidos Polo Cancro

A Federación Galega de Montañismo, a EGAM e os Clubes da cidade das Murallas colaboraron có campamento multiaventura de Somos Unidos Polo Cancro.
Treinta e un moz@s que tiveron relación con esta doenza  poderon disfrutar dunha xornada de escalada,rápel e bulder na Escola do Río Mera de Lugo.
Esperamos que este sexa o primeiro de moitos e foi un pracer compartir sorrisos cós cativos, dende a FGM queremos agradecer a Somos Unidos polo cancro a oportunidade de compartir esta experiencia cós cativos e monitores desta entidade.
Posted in ACTIVIDADES, COMUNICADOS, SENDEIRISMO, Varios | Comentarios desactivados en SOMOS unidos Polo Cancro

Campionato Galego de Escalada en Bloque

¡¡¡¡Xa están abertas as inscripcións!!!!

Este ano atopase dentro dos “Street Stunts” que se organizan outro ano máis no Náutico con moitas máis actividades.

O Street Stunts e un evento que recolle diferentes probas deportivas, todas elas usan o corpo como ferramenta: breakdance, parkour, escalada, slackline etc…

O acceso e de balde e tendes concertos, talleres, exhibicións e zonas para os máis cativos.

  • DATA: 9 e 10 de Septembro de 2017
  • LUGAR: Náutico de Vigo
  • PREZO: 10 €
  • HORARIOS:

****SUXEITO A MODIFICACIONS POLA ORGANIZACION REVISADE OS HORARIOS UNS DÍAS ANTES****

 

SABADO:

17h. Recepción Senior

18h.-20.30h. Clasificaorias Senior

 

DOMINGO:

10h. Recepción finalistas Senior

11h.-13.30h. Final Senior

Pola tarde entrega dos premios os finalistas.

 

  • INCRIPCIONS E INFORMACIÓN:

Para federados enviar un correo a “info@fgmontanismo.es” cos vosos datos persoais adxuntando a copia do ingreso e da licencia federativa, ou ben, anotarvos através dos vosos clubes.

Nº CTA BANCARIA FGM Nova Galicia Banco Cta: 2080/5104/86/3040016923

(No ingreso indicar nome+apelidos+compe escalada)

 

Para dúbidas chamar ou contactar coa Federación Galega De Montañismo:

Tlf: 986 208758 (Agosto pechado)

info@fgmontanismo.es

E no Facebook

 

Máis info das outras actividades:

https://www.facebook.com/vigostreetstunts/

http://vigostreetstunts.com/

Posted in ACTIVIDADES, ESCALADA, Varios | Comentarios desactivados en Campionato Galego de Escalada en Bloque

V Proba Copa Galega de Carreiras

O pasado día 16 tivo un gran exito a V Proba da Copa galega de carreiras por montana no Canon do Sil na sua undécima edición, organizada polo Club Montaña Ribeira Sacra, co triunfo dos referentes galegos dos últimos anos no podiums (provisionais):

1º Elpidio Gomez Sousa

2ºFernando Arca Casal

3º Roberto Mara Martinez

 

e das mulleres absoluta:

 

1º Belén Rodriguez Vidal

2º Yuliya Nestsiarovich

3º Dora Riveiro Gómez

Mais de cento cincuenta corredoras e corredores deronse cita en Parada do sil. Estaban  pendentes en todo momento da proba a alcaldesa Yolanda e o Presidente da FGM, Adolfo Puch.

Posted in ACTIVIDADES, CARREIRAS POR MONTAÑA, Varios | Comentarios desactivados en V Proba Copa Galega de Carreiras

Novos monitores de escalada

Hoxe a concelleira de Deportes Pontevedra do Concello De Pontevedra, Anxos Riveiro Portela xunto ao presidente da Federación Galega de Montañismo, Adolfo Puch, e o técnico da Escola Galega de Alta Montaña – EGAM, Manuel Beloso García, fixeron entrega á presidenta do Club AROMON Pontevedra Montañeiros A Roelo, Maria Jesus Abilleira Rodriguez aos dous novos Monitores/as de Rocódromo, Rutinja Rguez e Luis dos títulos para traballar en beneficio da escalada e do Club no Rocódromo Municipal de Pontevedra. ¡Noraboa aos nosos novos monitores!

Posted in ACTIVIDADES, CURSOS, ESCALADA, Varios | Comentarios desactivados en Novos monitores de escalada

Estratexia de Infraestructura Verde de Galicia

Onte na Cidade da Cultura de Galicia, o presidente da Federación Galega de Montañismo xunto con Escalada Sostenible Galicia (Inma Caeiro e Miguel Feijoo) están presentes na creación dun novo Grupo de Traballo para Galicia.

Posted in ACTIVIDADES, COMUNICADOS, Varios | Comentarios desactivados en Estratexia de Infraestructura Verde de Galicia

Escola de Escalada da Cidade de Ourense

O pasado día 11 de xullo de 2017 tivo lugar no Concello de Ourense un acto de presentación da Escola de Escalada da Cidade de Ourense iniciativa do clube ASESOU (Asociación de Escaladores Ourensáns) esta escola esta chamada a ser o embrión da potenciación da modalidade de Escalada na cidade das termas. E importante que as iniciativas de carácter local nos clubes de toda Galicia sexán un primeiro escalón de técnificación,  que ten que complementarse cunha segunda fase que corre a cargo da F.G.M. cara a potenciación das nenas e nenos galegos máis preparados para que sigan no Centro de Técnificación de Escalada Federativo a súa preparación cara a representar a nosa comunidade en eventos de carácter estatal e internacional.

Na presentación da Escola Ourensana  por parte de Pablo Prada Presidente do Club (ASESOU) no Salón de Plenos do Concello estiveron presentes o Alcalde de Ourense Xesús Vázquez  o Presidente da Federación Galega de Montañismo Adolfo Puch, O Técnico Municipal Mario González, así como unha amplia representación da Federación Galega de Montañismo o Director Técnico Xosé Manuel Pérez Prego e o Director da Escola Galega de Alta Montaña da F.G.M. David Pérez Araujo.

O remate do Acto no Liceo da cidade tivo lugar a entrega de Diplomas FGM-EGAM por parte do Presidente a F.G.M. para os xoves dos clubes Alpino Ourensán e Asociación de Escaladores Ourensáns que foron recollidos polos presidentes de ambas entidades Alfonso Gonzalez e Pablo Prada. Neste acto incorporouse o Vicepresidente da Área de Escalada de F.G.M. José Antonio Villar Comesaña. 

Posted in ACTIVIDADES, COMUNICADOS, ESCALADA, Varios | Comentarios desactivados en Escola de Escalada da Cidade de Ourense

Actividades Descenso de Barrancos FGM 9/7/17

Actividade federativa deste pasado Domingo no Rego do Val, en Folgoso do Courel, organizada polo Clube de Montaña Xistra.

Posted in ACTIVIDADES, BARRANCOS, Varios | Comentarios desactivados en Actividades Descenso de Barrancos FGM 9/7/17

INFORMACIÓN SOBRE OS AVANCES NA PRÁCTICA DA ESCALADA DENTRO DA REDE NATURA

Este é o extracto da reunión mantida co Técnico de Conservación da Natureza da Delegación de Pontevedra elaborado por José A Villar, vicepresidente da FGM e responsable da área de escalada. Nesa mesma reunión tamén estibo presente David Pérez, director da EGAM.

Despois de reunión mantida na zona de escalada de Donón co técnico e os vixilantes da Delegación Provincial de Medio Ambiente e na que estaban presentes representantes dos clubs montañeiros Celtas, Pena Trevinca e Montañeiros de Pontevedra, así como do concello de Cangas e da FGM.; acádase o seguinte acordo:

  1. Solicitar vía expediente administrativo a consideración desta lugar como area de escalada permanente e revisable.
  2. FGM e Escalada Sostible comprométense a redacción e envío a Consellería deste documento nun período de dúas semanas.
  3. Os axentes das entidades deportivas solicitamos lasitude por parte dos axentes da administración nas súas tarefas de vixilancia e control desta área.

So nos queda pedir aos escaladores que sexan pacientes e respectuosos tanto co entorno que desfrutan como coas persoas que velan pola conservación deste ecosistema. Unha actitude proactiva por parte de todos contribuirá a unha rápida solución a este asunto. Tanto FGM como Escalada Sostible están a vosa disposición para aclarar dúbidas.

Unha aperta.

É un traballo que se está a facer de maneira continuada e que pouco a pouca dará os seus froitos. Nesta tarefa estamos unindo nosas forzas coa organización Escalada Sostible de xeito de aunar obxectivos e sumar esforzos.

 

 

Posted in ESCALADA | Comentarios desactivados en INFORMACIÓN SOBRE OS AVANCES NA PRÁCTICA DA ESCALADA DENTRO DA REDE NATURA

A FEDERACIÓN GALEGA DE MONTAÑISMO COS NENOS E NENAS CON DOENCIAS

A FGM colaborará con técnicos da EGAM, no campamento para nenos en nenas que teñen doencias polo cancro que celebrarase en Lugo durante os días 10 a 14 de xullo e que leva o nome “Somos Unidos polo Cancro”.

A colaboración xurde a partires da iniciativa dos clubes de montaña da cidade de Lugo e a Asociación Somos Unidos polo Cancro. Esta asociación existe polo obxecctivo de mellorar a calidade de vida das persoas con cancro. Con este campamento adicado aos cativos, preténdese que desfruten de actividades que se desenvolven no medio natural e ter experiencias novas como é a convivencia praticando actividades propias do montañismo como a escalada, o sendeirismo, durmir unha noite fora (vivac), en poucas palabras, que teñan as mesmas posibilidades e experienicas que todos.

 

Posted in Varios | Comentarios desactivados en A FEDERACIÓN GALEGA DE MONTAÑISMO COS NENOS E NENAS CON DOENCIAS

Descenso de Barrancos 2017 – FGM

O día 9 de xullo de 2017 celebrarase o Descenso Galego de Barrancos da FGM.

Este ano organiza a actividade o Clube de Montaña Xistra. Xa está aberta a inscrición e as prazas son limitadas. Hai posibilidade de refuxio municipal e o domingo (opcional) haberá comida de confraternización.

Podedes ver máis datos neste enlace da web do club.

Inscrición pechada.

Posted in ACTIVIDADES, BARRANCOS | Comentarios desactivados en Descenso de Barrancos 2017 – FGM

XUNTANZA INFORMATIVA SOBRE A ESCALADA NO FARO DE BUDIÑO

Convocase a todos os escaladores, montañeiros e directivos de clubes de montaña galegos, a participar nunha xuntaza informativa que se levara a cabo o mércores 21 deste mes no salón de actos da Casa das Federacións en Vigo as 20 h, sobre a escalada no monte Faro de Budiño (Porriño).

Informarase das  novas sobre a xuntanza mantida ca Comunidade de Montes e as normas de regulación do Espazo Natural especialmente relacionadas ca práctica da escalada.

Posted in COMUNICADOS | Comentarios desactivados en XUNTANZA INFORMATIVA SOBRE A ESCALADA NO FARO DE BUDIÑO

XXX Marcha con Vivac FGM – Pechada a inscrición

Marcha de Vivac FGM 2016

Os días 10-11 de xuño de 2017 celebrarase a XXX Marcha con Vivac da FGM.
Este ano organiza a actividade o Clube de Montaña Xistra. Xa está aberta a inscrición e as prazas son limitadas. Hai autobús subvencionado e o domingo (opcional) haberá comida de confraternización.

Podedes ver máis datos neste enlace da web do club.

Posted in ACTIVIDADES | Comentarios desactivados en XXX Marcha con Vivac FGM – Pechada a inscrición

AVISO A TODOS E TODAS ESCALADORES QUE SE ACHEGUEN A DONÓN E CABO UDRA

A zona de escalada de Donón e Cabo Udra atópase dentro da zona de Rede Natura, polo tanto se algunha persoa quere escalar neste sitios te que pedir unha autorización ao Servicio de Conservación da Natureza de Pontevedra.

A solicitude ten que entrar por rexistro oficial. Axuntamos un modelo que pode ser empregado por todos nós cando queiramos escalar en Donón ou en Cabo Udra.

Recomendan entregar a solicitude de escalada cun mínimo de dúas semanas, polo tanto hai que axustar ben as tadas de solicitude para á práctica da escalada.

Este aviso na web e a solicitude deseñada ten por obxectivo actuar de manera preventiva para que ningún escalador e escaladora poda sofrir unha sanción administrativa e vésaxe perxudicado. Por suposto nós estamos a traballar para que a regulación sexa máis racional e poidamos seguir practicando a escalada.

Impreso_DONON

Posted in COMUNICADOS | Comentarios desactivados en AVISO A TODOS E TODAS ESCALADORES QUE SE ACHEGUEN A DONÓN E CABO UDRA
  • Estamos en Facebook!

  • DESCARGAS

  • FOTOS DAS ACTIVIDADES

  • 2017 COPA GALEGA CARREIRAS POR MONTAÑA

  • 2017 COPA GALEGA DE ESCALADA

  • 2017 COPA GALEGA ANDAINAS 50 KM

  • 2017 COPA GALEGA ANDAINAS MEDIA DISTANCIA

  • 2017 MARCHA NÓRDICA

  • 2017 Alto Atlas Marroquí

  • 2017 DÍA DO SENDERISTA DE ESPAÑA

  • METEOROLOXÍA